lunes. 29.04.2024
Asistentes á reunión de coordinación para a persecución contra o fraude da uva foránea.
Asistentes á reunión de coordinación para a persecución contra o fraude da uva foránea.

O subdelegado do Goberno, Emilio González, presidiu na mañá deste martes a reunión de coordinación para a persecución contra o fraude da uva foránea, que busca velar pola calidade dos viños das denominacións de orixe da provincia. O presidente da D.O. Monterrei, Jonatás Gago, estivo entre os asistentes a este encontro.

Gonzalez destacou "a necesidade e prioridade da existencia deste tipo que controis, xa que permiten que non se distorsionen os nosos viños". Tamén resaltou a “importancia” que teñen, especialmente en Ourense, onde se contra co sector vitivinícola máis extenso, con catro das cinco denominacións de orixe de Galicia.

 

O subdelegado trasladou os esfrozos que se están a realizar dende o Goberno por "velar pola calidade alimentaria dos nosos productos" sinalando e lembrando a existencia do Rexistro Público de Contratos Alimentarios creado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que entrou en vigor en decembro de 2022. Este rexistro de “uso obrigatorio”, no que se deben inscribir tódolos contratos antes da entrega dos productos, ten a finalidade de suministrar información á Axencia de Información e Control Alimentarios e ás autoridades a información necesaria para velar polo cumplimento da normativa.

O subdelegado puxo en valor, unha vez máis a “necesidade da colaboración interadministrativa” para desenvolver este tipo de controis que se realizan entre a Xunta de Galicia a través de AGACAL e a Consellería de Medio Rural, e as forzas e corpos de seguridade do Estado. Ao longo da campaña do 2022, a Garda Civil realizou 242 controis ao transporte de mercancías nas estradas da provincia para garantir a procedencia da uva.

Ademáis do presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, no encontro tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o xefe territorial de Medio Rural, Luis Jorge Álvarez; o director de AGACAL, José Luis Cabarcos; a secretaria do Consello regulador da D.O. de Valdeorras, Ana Patricia de Andrés; o presidente da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía; o da D.O. O Ribeiro, Juan Manuel Casares; o xefe de protección civil da Subdelegación, Brais Pérez; a secretaria accidental da subdelegación, Mar Martínez; e representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado, Garda Civil e Policía Nacional.

NOTICIAS VERÍN | O Goberno coordina a persecución contra o fraude da uva foránea