martes. 23.04.2024
Presentación de A natureza no Camiño e Os camiños de Ourense.
Presentación de A natureza no Camiño e Os camiños de Ourense.

A Xunta de Galicia, o Concello de Verín e Aira Editorial presentaron esta mañá publicamente os produtos relacionados co Camiño de Santiago realizados grazas ao programa O Teu Xacobeo 2021 -cunha axuda de 14.000 euros-. Son propostas pensadas para todos os públicos e nos que as coordenadas da Vía da Prata, as comarcas da Limia e Verín e a provincia de Ourense no seu conxunto teñen un papel destacado.

A natureza no Camiño e Os camiños de Ourense.A natureza no Camiño e Os camiños de Ourense.

Na presentación estiveron presentes, Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín, Cecilio Santalices, xefe de servizo de Turismo na delegación territorial da Xunta en Ourense e César Lorenzo, director de Aira Editorial.

"Desde o  Concello de Verín sempre tentamos apoiar, na medida do posible, todos os proxectos que dunha maneira ou outra buscan visibilizar as singularidades da nosa vila. Máis aínda cando se trata de poñer en valor o noso patrimonio natural, cultural e paisaxístico dunha maneira tan amena e didáctica", explicou Emilia Somoza.

Pola súa parte, César Lorenzo presentou o xogo de memoria A natureza no Camiño de Santiago, unha divertida proposta para toda a familia; e Os Camiños de Ourense, un mapa para pintar, pensado para nenos de até cinco anos. Tamén anunciou unha próxima publicación dun cómic infantil, ambientado na Vía da Prata ao seu paso por Verín e no que aparecerán enclaves tan importantes como o balneario de Cabreiroá ou o Castelo de Monterrei.

NOTICIAS VERÍN | A riqueza natural, patrimonial e cultural da vila, en dúas...