
16:36 do 9 de agosto de 2022
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, vén de facer público un bando no que se restrinxe, non só o estacionamento, senón tamén a circulación rodada na Praza da Alameda nos seguintes días e horas:
Venres 12 de agosto
- Das 18:30 ás 02:00 horas do sábado 13
Sábado 13 de agosto
- Das 10:30 ás 15:00 horas
- Das 18:30 ás 02:00 horas
Domingo 14 de agosto
- Das 10:30 ás 15:00 horas
- Das 18:30 ás 02:00 horas
O estacionamento estará, na zona, totalmente prohibido dende hoxe e ata as 00:00 horas do luns 15 de agosto.