
Queda algo máis dunha semana para que comece a Feira de Nadal en Verín. Dará comezo o vindeiro día 4 cun total de 20 postos temáticos de artesanía e alimentación e coa gran novidade da animación musical da man de grupos locais, como o Conservatorio de Música de Verín, a Coral Polifónica ou o cuarteto Nova Era.
"Para esta edición preparamos unha selección musical moi especial, e fixémolo contando co talento dos nosos propios veciños e veciñas. Para iso instalarase un pequeno escenario no centro da praza García Barbón que poderá ser utilizado por todos eles", explicou Emilia Somoza, concelleira de Cultura, quen presentou o programa oficial esta mañá xunto ao concelleiro de Feiras, Manuel Lorenzo.
"Instalaranse na feira un total de vinte postos temáticos que contarán cunha completa e variada oferta de produtos de artesanía e alimentación, sen esquecernos tampouco do xénero máis típico de Nadal como son os agasallos artesáns, a decoración variada ou as típicas figuras para a árbore", anunciaba o concelleiro.
Haberá, por suposto, un espazo adicado aos máis pequenos da casa que recibirán a visita das dúas figuras máis tradicionais do Nadal, como son o Apalpador e Papá Noel. Tamén, desde o luns 6 ao mércores 8 decembro, haberá un servizo de ludoteca infantil no que os nenos e nenas poderán gozar de divertidas actividades lúdicas mentres os seus familiares realizan as pertinentes compras.
O programa completo
Sábado, 4 de decembro
- 12:00h Apertura da feira
- 17.30h Vista do Papá Noel
- 18.30h Concerto de Victoria Pérez & David Rodríguez
- 22:00h Peche da feira
Domingo, 5 de decembro
- 12:00h Apertura da feira
- 17.30h Visita do Apalpador
- 18.30h Concerto de Nerea Justo
- 22:00h Peche da feira
Luns, 6 de decembro
- 12:00h Apertura da feira
- 19.00h Concerto do cuarteto Nova Era
- 22:00h Peche da feira
- Ludoteca infantil de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
Martes, 7 de decembro
- 12:00h Apertura da feira
- 18.30h Concerto da Coral de Verín
- 22:00h Peche da feira
- Ludoteca infantil de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
Miércoles, 8 de decembro
- 12:00h Apertura da feira
- 17:30h Actuación de Todo Fitness
- 18.30h Concerto do Conservatorio
- 22:00h Peche da feira
- Ludoteca infantil de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h