sábado. 27.04.2024
0dbcfd0a-055d-4447-be9d-7b8c5baadd50
Reunión de emigrantes retornados na Casa da Cultura de Verín.

O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da secretaría provincial de migracións vén de celebrar unha reunión co colectivo de emigrantes retornados na Casa da Cultura de Verín. O responsable da área de migracións da executiva provincial dos e das socialistas ourensás, Luís Gulín, Iglesias, informou aos asistentes da próxima subida das pensións no mes de xullo nun 4,57%, similar á do ano 2023, revalorizando as pensións xermanas en 2 anos nun 9%.

Nesta sesión informativa organizada polo PSdeG-PSOE ourensán, habitual nesta época do ano por atoparnos ás portas do inicio da declaración da renda, o secretario provincial de migracións, Luís Gulín, explicou que “o mínimo exento a declarar en España subiu neste 2024, dos 15.000 euros do ano pasado aos 15.876 deste novo curso”. Unha subida que tamén afecta a Alemaña, pois tal e como indicou o responsable de migracións “pasa dos 10.908 euros en 2023 aos 11.604 para o ano fiscal vixente”.

d16a7132-f5f3-42a4-9379-8fde54729d1a

Durante o encontro analizouse, unha vez máis, a problemática do chamado imposto do 5 por cento sobre as pensións alemás que hai que abonar á facenda do país xermano. Explicouse a casuística, os procedementos para darse de alta e a documentación a presentar para domiciliar o pago do tributo ou para solicitar a exención do mesmo se se compren os requisitos.

Unha das preguntas que máis interese suscitou é o tema da prestación da dependencia alemá para aqueles retornados que non reciben ningunha pensión española.

As cantidades para percibir do 2023 ao 2025 aumentan significativamente, sendo a subida da mínima de 316 a 347 euros mensuais, e da máxima de 901 a 989 euros ao mes”, apuntou o secretario provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense.

Outra das novidades tratadas foi que se pode dar de alta ao coidador non profesional na seguridade social alemá cunha cotización base de 2030 euros mensuais, sendo esta labor compatible cun traballo a tempo parcial en España, cun máximo de 20 horas semanais.

63a57fd5-db44-4f3f-9120-87789ff5a2a0

Estas sesións informativas continuarán nas próximas semanas ao longo da provincia sendo moi demandadas polo colectivo de emigrantes retornados de Europa, ao existir informacións contraditorias sobre algunhas cuestións tributarias.

NOTICIAS VERÍN | O PSdeG de Ourense celebra un encontro de emigrantes retornados