Xoves. 28.03.2024
Marina Vaz lidera a coordinadora comarcal do PSdeG. FOTO: Iván Iglesias.
Marina Vaz lidera a coordinadora comarcal do PSdeG. FOTO: Iván Iglesias.

O coordinadora comarcal do PSdeG PSOE reunise para votar á persoa que sería elixida como a súa responsable na zona de Monterrei. Marina Vaz, concelleira socialista en Riós, foi a seleccionada polos integrantes da coordinadora por decisión unánime e grazas a que acordaron que ela debía ser a única candidata.

A votación levouse a cabo na última reunión da coordinadora comarcal este xoves, onde estivo Diego Alonso, secretario de -Organización do PSOE en Ourense. Deste xeito, o PSdeG de Monterrei organízase para a súa representación ante o partido xa sexa a nivel provincial ou nacional. A coordinadora manterá reunións cada dous meses cos seus integrantes para coñecer as opinións e demandas das persoas que a integran, que son os alcaldes, os portavoces e os secretarios xerais das agrupacións da comarca.

Durante os próximos meses, as eleccións municipais do 2023 e a súa elaboración das listas, serán un dos temas recurrentes nas reunións da coordinadora, sen esquecer outros. "Trataremos todos os temas de interese para a comarca, mediando entre os concellos e o partido a nivel provincial ou nacional. As necesidades de cada municipio e de nós como comarca son o importante", asegura Marina Vaz.  

Na comarca de Monterrei xa estaba instaurada unha coordiandora recoñecida a nivel provincial e, agora, faráo a nivel nacional pola decisión de extendelas a toda Galicia. O funcionamento delas basarase nunha comunicación bidireccional desde os representantes municipais ata os provinciais ou nacionais e viceversa.

Marina Vaz e Diego Alonso -terceira e cuarto empezando pola dereita- acompañados por membros da coordinadora do PSdeG en Monterrei.
Marina Vaz e Diego Alonso -terceira e cuarto empezando pola dereita-, acompañados por membros da coordinadora do PSdeG en Monterrei.

NOTICIAS VERÍN | Marina Vaz, elexida como coordinadora comarcal do PSdeG