
O sábado 10 de decembro, a Centro de Lecer Infantil e Xuvenil "Los Mundos de Iker" organiza, en colaboración co Concello de Verín, a primeira Carreira Solidaria de Nadal, destinada a recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei.
Trátase dunha carreira solidaria non deportiva-competitiva na que poderán participar tanto nenos e nenas como adultos nas seguintes categorías:
- Benxamín (0 - 6)
- Alevín (7 - 12)
- Xuvenil (12 - 17)
- Adulto (18 - 112 anos)
- Individual
- Grupo
- Mascotas
A saída será as 16:00 horas desde a Praza García Barbón e o percorrido realizarase polas rúas do Casco Vello de Verín. Así mesmo, haberá un premio especial ao mellor disfrace por cada categoría e un sorteo de premios entre todos os corredores e corredoras.
Para participar nesta iniciativa é necesario formalizar inscrición previa no teléfono 650698766 (Arantxa) e realizar o ingreso do donativo de 5 euros na conta : ES2030850208192655312128.
Todas aquelas empresas que queiran colaborar con esta iniciativa, ben sexa economicamente ou directamente realizando unha entrega de alimentos, poden poñerse en contacto coa organización a través do mesmo teléfono de inscrición.