O Festival Internacional de Curtas de Verín repite e, como cada ano, deulle a oportunidade a un artesán local de crear unha peza que distinguirá ao Premio do Público. A organización do FIC Vía XIV de Verín escolleu a Rubén Pedreiro, artesán de 36 anos natural de Riós e aficando en Verín, para que sexa o encargado da súa elaboración e amosouse "sorprendido" nun primeiro momento pola decisión.
Ademais de artesán, Pedreiro rehabilita viviendas, entre outros traballos, e nada máis recibir a proposta e aceptala, púxose mans á obra. A peza que creou vai "en consonancia coa imaxe gráfica do FIC deste ano", sinala, polo que a súa proposta parte do deseño que se realizou para o cartel, en concretou centrouse no fenaquitoscopio.
Pedreiro explica que nesta preza creada parte "deste círculo psicodélico e aplícolle a filosofía do meu traballo como artesán: a simpleza". A súa obra consiste nunha "pedra collida do río, lixada cun remadatado agradable ao tacto, que conserva os seus trazos básicos sen parafernalia e se sontén nunha peana de madeira coa parte de abaixo embutida na pedra", explica.
O director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, eloxia o traballo de Pedreiro e destaca a súa "singularidade” ao ofrecer un concepto moi "en sintonía e coherencia" coa "imaxe visual" desta edición do certame.