viernes. 19.04.2024
Javier Yáñez, creador do Premio do Público nesta edición do FIC.
Javier Yáñez, creador do Premio do Público nesta edición do FIC.

A imaxe gráfica do FIC Vía XIV, realizada con morteiro polo creador Javier Yáñez, será a peza que se entregue como Premio do Público no FIC Vía XIV 2021. “O Premio do Público ten un valor especial para Verín posto que son os propios asistentes ao FIC os que, coas súas votacións, o determinan e cada ano queremos que un creador local se ocupe da súa realización”, destaca Carlos Montero, director do FIC.

Aínda que se adica, a través da súa empresa, á decoración de fachadas e interiores, Yáñez fai gala da súa destreza moldeando o morteiro -mestura de cemento ou cal con área e auga- e reproducindo construcións, dende pedras e ladrillo ata maseira e pezas artesáns. 

Nesta ocasión, reproduciu fielmente o deseño que a ilustradora Aurora López realizou a para a sexta edición do certame e valorou moi positivamente ter sido o elixido. "É un xeito de colaborar cunha iniciativa cultural da vila que contribúe a situar a Verín no mapa", afirma Yáñez.

Premio do Público do FIC 2021.Premio do Público do FIC 2021.

NOTICIAS VERÍN | O verinés Javier Yáñez, creador do Premio do Público nesta edición do...