viernes. 26.04.2024
Na rúa da Cruz apareceu unha nova réplica de Banksy. | FOTO: Iván Iglesias.
Na rúa da Cruz apareceu unha nova réplica de Banksy. | FOTO: Iván Iglesias.

A obra de Banksy déixase ver cada vez máis polas rúas de Verín. Despois do mural de "Home nú pendurado da fiestra", agora a rúa da Cruz loce outras das famosas pinturas do artista, a de "Nena con globo". A pintura orixinal apareceu no 2002 en Shoreditch, ao leste de Londres, e en 2017 foi calificada por unha enquisa británica como a obra de arte máis popular entre os anglosaxón.

Nela aparece unha cativa deixando escapar ou tratando de coller un globo en forma de corazón, que é levado polo vento, sendo un símbolo da infancia e a liberdade. O autor replicouno no 2014 como parte dunha campaña en apoio ós refuxiados sirios e, en 2018, chegou a destruír voluntariamente unha pintura coa imaxe da nena e o globo logo de subastala en Sotheby's e os restos nomeunos como "O amor está na papeleira".

Pese ao seu anonimato, Banksy é posiblemente o artista gráfico máis famoso do mundo nestes momento. En parte pola súa implicación na arte urbana e polas súas actuacións iconoclastas en subastas de arte. O seu exemplo como artista responsable no que as súas obras teñen un alto contido social, ten dignificado ó graffiti elevándoo á categoría de arte.

 

Os súas obras, emuladas polo artista local Alex Araújo, que son historia da arte xa están a deixar ver na vila como parte da iniciativa "Verín, territorio Banksy". Con finalidade pedagóxica e divulgativa, a selección conformará un percorrido turístico dentro do casco urbano de Verín, con secuencialidade e información pedagóxica.

As obras e os espazos do percorrido están deseñados dentro do proxecto de Interpretación Patrimonial “Verín territorio Banksy” do Concello de Verín. Dende o Consistorio agardan que se conforme un atractor cultural que, debidamente promocionado, conforme un circuíto turístico dentro do casco urbano verinés. “Sería un final espectacular que o propio Banksy rematarse por interesarse na vila e deixase unha das súas obras en Verín”, desexan dende o Concello.

NOTICIAS VERÍN | Sabes o que significa a nova pintada de Banksy na rúa da Cruz?