30 de junio de 2022, 15:27
A pasada noite de festa en Vilamaior rematou cun accidente de tráfico que se saldou sen feridos. Sobre as dúas da madrugada, un vehículo no que viaxaban tres pasaxeiros, saíuse da vía e envorcou nunha das marxes da estrada OU-114, concretamente no quilómetro 1, que une Verín con Campobecerros. O coche dirixíase cara a vila do Támega, procedente de Vilamaior.
Ata o lugar do sinistro desprazouse a ambulancia do GES de Laza que se atopaba no campo da festa, onde actuaron as orquestas Panorama e París de Noia. Ademais, tres patrullas da Garda Cilvil mobilizáronse para coordinar o tráfico nese punto e evitar maiores complicacións dada a proximidade coa zona das actuacións.