martes. 23.04.2024
Cartel promocional de 'Unha noite en Caldeliñas', de Namarella e Fuego, que terá lugar no Auditorio Municipal de Verín.
Cartel promocional de 'Unha noite en Caldeliñas', de Namarella e Fuego, que terá lugar no Auditorio municipal de Verín.

Os grupos verineses Namarella TeatroFuego Street Band, coa colaboración do Concello de Verín, únense para achegar á vila 'Unha noite en Caldeliñas', un novo espectáculo que recompila música e humor. "A idea xurdiu hai moito tempo cando fixemos unha colaboración. O certo é que ambas partes quedamos encantadas e con ganas de repetir. Despois meteuse unha pandemia de por medio e a cousa foise retrasando", conta Miguel Tomé, membro de Namarella.

Vencellando o papel principal da música coa parte escénica, xurdiu esta nova actuación que mestura jazz, swing e música en xeral dos anos 50 con sketchs e monólogos de humor. "Van estar intercaladas e é algo que non está moi explotado en Verín. A fusión do humor coa música é algo novidoso aquí, divertido. Ademais, teño que resaltar que se trata dunha Fuego reforzada, con ampliación de maestros doutros conservatorios, o que lle dá un valor engadido", engade. Valor engadido ao que tamén contribúen son e iluminación, adaptados a cada un dos momentos da actuación.

Onde, cando e como

As actuacións terán lugar a fin de semana do 19 (ás 21:00h) e 20 de novembro (ás 20:00h) no Auditorio municipal de Verín. Todos os interesados en acudir deberán posuír unha entrada -con prezo de 5€- que poderá ser adquirida na Oficina de Turismo local a partir do vindeiro luns día 8 en horario de mañá.

NOTICIAS VERÍN | Namarella Teatro e Fuego Street Band fusionan música e humor nun novo...