miércoles. 24.04.2024
Visitantes á exposición Múltiple na Sala de Exposicións de Verín.
Visitantes da exposición 'Múltiple' na Sala de Exposicións de Verín.

A mostra de arte 'Múltiple, a arte do gravado de Picasso a Barceló' entra na súa última semana aberta ao público na Sala de Exposicións de Verín -ata o vindeiro día 5-. Trala súa estrea, o pasado 6 de outubro, xa recibiu a visita de máis de 500 persoas.

A exposición, formada por 36 obras orixinais dos artistas máis destacados do século XX, mantense aberta para o público xeral das 17:00h ás 21:00h de luns a venres. Catro obras de Picasso, dúas de Dalí, varias creacións de Miró, Tapies ou dos galegos Luís Seoane e Maruja Mallo, entre outras sinaturas de relevo, ofrecen unha selecta escolma do gravado español do século pasado.

Múltiple, organizada por Afundación -Obra Social Abanca- coa colaboración do Concello de Verín, é unha oportunidade para que a nosa comarca coñeceza as variantes e linguaxes da arte do gravado. Dende as técnicas tradicionais da calcografía, a xilografía, a litografía e a serigrafía, á mestura das mesmas, á fusión con collages ou á creación de procedementos innovadores por algún dos autores seleccionados.

NOTICIAS VERÍN | A mostra 'Múltiple' recibiu máis de medio millar de visitas nas...