jueves. 25.04.2024
Emilia Somoza e Iago Blanco, na presentación do cartel do Entroido de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.
Emilia Somoza e Iago Blanco, na presentación do cartel do Entroido de Verín. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Entroido 2023 de Verín xa ten imaxe oficial. O cartel ilustrador de esta edición foi presentado este venres na vila do Támega pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo, e por Iago Blanco de la Parra, deseñador e arquitecto de interiores verinés, autor do mesmo.

Segundo explicou Iago Blanco, o concepto principal desta obra "é a exaltación e homenaxe da muller no Entroido de Verín a través da figura da raíña Elena e algunhas das mulleres máis representativas da vila".

No cartel pódese apreciar como a raíña chega á praza mentres é acompañada polos cigarróns e recibida polas mulleres de Verín, así como os homes que se intúen ao fondo coa fariña. "Só se es de Verín ou asiduo desta festa podes recoñecer estas personaxes típicas do entroido, no que por momentos o cartel parece semellarse ao famoso libro de `Onde está Wally?", explicou Blanco de la Parra.

Iago Blanco, explicando aos medios o resultado da súa inspiración. | FOTO: Noelia Caseiro.
Iago Blanco, explicando aos medios o resultado da súa inspiración. | FOTO: Noelia Caseiro.

En cuanto a técnica utilizada para a execución deste cartel cabe destacar que está feito con técnica dixital, conseguindo a base de manchas de cor unha imaxe figurativa.

Pola súa banda, Emilia Somoza quixo felicitar publicamente ao autor do cartel polo seu gran traballo, destacando do mesmo "a gran capacidade que tivo o artista de sintetizar nunha só imaxe a forza e dos elementos identitarios máis representativos da nosa festa máis senlleira".

NOTICIAS VERÍN | As mulleres do Entroido, raíñas do cartel promocional deste 2023