25 de junio de 2021, 14:15
Arredor das 12 desta mañá, unha muller foi atropelada á altura do número 12 da céntrica rúa Deputación de Verín. A muller, que circulaba na súa bicicleta en dirección á avenida Luís Espada, resultou ferida leve. Segundo testemuñas presenciais, un vehículo procedeu a realizar unha maniobra de adiantamento, o que fixo que a muller se desequilibrara. Nese momento, o coche alcanzouna e rematou caendo ao chan.
Aínda que as lesións, aparentemente, non son de gran consideración, foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de Verín para ser sometida a unha avaliación médica. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Policía Local da vila.