mércores 08/12/21

A Asociación Monteval GDR-9 organiza, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización, a representación teatral 'Os Bolechas fan o camiño marciano', que aterrará na nosa comarca, concretamente no Parador de Verín, o vindeiro 30 de outubro, ás 17:00h.

Un espectáculo participativo para a toda familia, especialmente orientado para os cativos de idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos, onde o xogo e a diversión se combinan coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro.

Para acudir a esta actividade de balde será necesaria inscrición previa. Todos os interesados deberán contactar con Monteval no correo [email protected] ou no teléfono 988 590 233.

NOTICIAS VERÍN | Os Bolechas fan o camiño marciano... Na nosa comarca
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade