sábado. 27.07.2024
Rosario Rodríguez, secretaria local del PSdeG, presidiendo la mesa electoral.
Rosario Rodríguez, secretaria local do PSdeG, presidindo a mesa electoral.

Un mes e catro días despois de que a militancia socialista da comarca fose chamada ás urnas, repítese convocatoria na comarca, aínda que desta vez cunha responsabilidade moito maior. Esta tarde, dende as catro, as sedes ou colexios electorais, segundo caso, estarán de novo abertos para que os afiliados do PSdeG acudan a elexir ao que será o seu secretario xeral nos vindeiros catro anos. Deberán facelo entre o nome e a figura do actual, o vigués Gonzalo Caballero, ou o aspirante e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González

A sede dos socialistas en Verín, na rúa Avenida de Portugal número 18, recibirá aos militantes ata as 20:00 horas, onde tamén votarán os de Cualedro, Laza, Monterrei e Oímbra. En Vilardevós, os afiliados deberán achegarse a antiga escola de Osoño. Na estrada que comunica esta última localidade con Riós, no número 67 do municipio orriolense, agárdanse aos militantes deste concello, e tamén da Mezquita e A Gudiña.

NOTICIAS VERÍN | Os militantes socialistas da comarca escollen esta tarde ao seu líder...