viernes. 03.05.2024
aever eu merco en verín
Santos Álvarez e José Ángel Rodicio durante a presentación da campaña promocional do comercio local do verán.

Un ano máis, o comercio local da vila, integrado na Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (AEVER), participa na campaña promocional "Mercar no teu comercio ten premio"; unha iniciativa para darlle pulo ós establecementos locais que sorteará un total de 1.000 euros entre os participantes.

Posta en marcha pola Federación de Comercio de Ourense, co obxectivo de incentivar as compras nos comercios locais na tempada de outono, a campaña comeza hoxe, 22 de setembro e finalizará o vindeiro xoves 28 co gran sorteo de premios que repartirán entre as compras realizadas nos establecementos comercias da vila.

Mercar no comercio local non só pode ter un premio de ata 300 euros, é o xeito de incentivar a economía local. Para participar haberá que facer unha compra mínima de 10€ e gardar os tíckets, que serán canxeados por boletos para o sorteo de premios que se realizará o vindeiro 28 de setembro na Praza García Barbón a partir das 18 horas.

28 setembro, sorteo aever merca local02
O sorteo das tarxetas prepago terá lugar o xoves 28 de setembro.

A campaña arranca hoxe e continuará ata o mesmo día do sorteo, cando a sorte repartirá catro tarxetas prepago cun valor de 100€ cada unha delas máis dúas tarxetas de 300 euros. Tarxetas para gastar nos negocios da localidade. Nisa xornada, xoves 28 de setembro, dende as 18:00 e ata as 20:00 horas poderanse canxear os tíckets de compra por boletos para participar no sorteo que terá lugar en directo ás 20:05h.

NOTICIAS VERÍN | Mercar no comercio local ten recompensa