Venres. 29.03.2024
Luis Antonio Pedraza, coa súa gaita sanabresa.
Luis Antonio Pedraza, coa súa gaita sanabresa.

O Concello de Verín acolléra o vindeiro domingo 31 de outubro, ás 12:00h, o encontro de destacados gaiteiros da península ibérica a través de 'Piperegrinos', un programa que protagonizan artistas de España e Portugal que actuarán en oito vilas galegas durante toda esta semana. Será finalmente no Auditorio municipal, debido ás malas previsións meteorolóxicas.

Promovido pola Xunta de Galicia no marco do Xacobeo, trátase dun espectáculo musical itinerante que, por primeira vez, reúne no mesmo escenario a gaiteiros da península cunha longa e recoñecida traxectoria artística e profesional. Funcionará como un espazo de difusión e posta en valor dos diferentes tipos de gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual, achegado á musica folk e dirixido a todos os públicos.

'Piperegrinos, as gaitas do Camiño', resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas no tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.

Os participantes

O programa Piperegrinos incluirá a participación de seis intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.

  • Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs
  • Manuel Martorell, coa mandola
  • Titus Prats, coa percusión
  • Adrián Gil, coa gaita de boto
  • Alberto Navas, co violín
  • Serchio Pardos, guitarra e percusión
  • José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana
  • Richard García, co teclado
  • Daniel Álvarez, co bouzouki e o bodhran
  • Luis Antonio Pedraza, coa gaita sanabresa
  • Carlos Beceiro, coa guitarra
  • Miguel Mateos, co tambor sanabrés
  • Tiago Morais, coa gaite mirandesa e de sesimbra
  • Tiago Marques, co acordeón e o cavaquinho
  • Óscar Ibáñez, coa gaita galega
  • Xosé Li, co bouzouki
  • Andrés Vilán, co caixón

 

O programa

  • 23 de outubro:
    • 12:00h: Praza do Curro de Noia
    • 19:00h: auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo
  • 24 de outubro: 
    • 12:00h: Praza Maior de Rivadavia
    • 18:30h: auditorio Valle Inclán de Vilanova de Arousa
  • 30 de outubro:
    • 12:00h: Praza do Concello de Cee
    • 19:00h: no S. R. A Unión de Sarria
  • 31 de outubro: 
    • 12:00h: Auditorio Municipal de Verín
    • 19:00h: Auditorio do Torroso, en Mos

NOTICIAS VERÍN | Os mellores gaiteiros españois e portugueses, xuntos en Verín con...