Venres. 29.03.2024
Os dous profesionais coas doutoras Ana Pastor -segunda pola esquerda da imaxe-, a directora de distrito Guillermina Agulla -segunda pola dereita da imaxe-, a cirurxana Marta Maes (á dereita) e á esquerda a Coordinadora do Proxecto de cooperación, Alicia Raya (Fundación CSEI).
Os dous profesionais coas doutoras Ana Pastor -segunda pola esquerda da imaxe-, a directora de distrito Guillermina Agulla -segunda pola dereita da imaxe-, a cirurxana Marta Maes (á dereita) e á esquerda a Coordinadora do Proxecto de Cooperación, Alicia Raya (Fundación CSEI).

Dous profesionais sanitarios de Níxer están ampliando a súa formación estes días na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, no marco do proxecto de cooperación sanitaria española para á formación do persoal e fortalecemento do sistema público de este país africano da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e coordinado pola Fundación CSAI dependente do Ministerio de Sanidade.

A sede central do período formativo de Komma Issoufou e Hamadou Nayoussa -médico e enfermeiro do Hospital Nacional de Niamei- é o Hospital Público de Verín, onde están a ser titorizados por profesionais de urxencias e cirurxía xeral, áreas de interese dos profesionais e do propio sistema nacional de orixe, no que destaca a alta incidencia de atención urxente por accidentes, nun país cunha altísima porcentaxe de poboación xoven.

Para afondar nestes aspectos esta semana desprazaranse a Ourense, onde realizarán un curso de atención ao paciente politraumatizado, na nova Aula de Simulación, e rotarán polo servizo de urxencias do Hospital Universitario.

O proxecto conta coa participación da xefa do servizo de Neurocirurxía de Ourense, Ana Pastor, que xa viaxou en dúas ocasións a Niamei para impartir formación práctica de atención ao paciente politraumatizado, aspecto no que é amplamente recoñecida como titora e formadora de titores do curso nacional e europeo ATLS da Asociación Americana de Cirurxáns, do que Ourense é unha das poucas sedes nacionais desde hai case dúas décadas.

Os principais obxectivos deste proxecto de cooperación é incrementar e completar a calidade da formación dos médicos residentes en cirurxía xeral e especialidades cirúrxicas prioritarias; apoiar o desenvolvemento da formación na área de anestesia e reanimación; e mellorar a organización e a xestión dos servizos de urxencia do Hospital Nacional de Niamei e a súa dotación a través da doazón de equipamento imprescindible, equipamento no que tamén colaborou Ourense, coa doazón de distintos equipos e material sanitario.

NOTICIAS VERÍN | Un médico e un enfermeiro nixerinos amplían formación no hospital...