domingo. 19.07.2026
O éxito de participación garante unha segunda edición, din dende a organización

NOTICIAS VERÍN | Máis de 300 valentes lanzaranse á 'Revolta Irmandiña' este domingo

A organización conta con medio cento de voluntarios que xa traballan na montaxe das diferentes probas.
A organización conta con medio cento de voluntarios que xa traballan na montaxe das diferentes probas.

A comarca de Monterrei prepárase para vivir este domingo, 22 de xuño, unha xornada histórica coa celebración da primeira edición da carreira de obstáculos A Revolta Irmandiña, que nace con gran éxito de convocatoria: máis de 300 persoas inscritas participarán neste gran evento deportivo e cultural.

Organizada polo colectivo KTORCE e con apoio institucional da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e os Concellos de Verín e Monterrei, esta proba está inspirada na Revolta Irmandiña do século XV. Os participantes poderán escoller entre dous percorridos (5 e 8 km) cheos de obstáculos e probas físicas que discorren por espazos tan emblemáticos como o castelo de Monterrei, o río Támega ou os viñedos da comarca.

Segundo destacou a organización, a carreira busca “ser moito máis ca unha proba deportiva: unha experiencia completa que mestura historia, natureza e tradición”. Con ese obxectivo, o evento estará acompañado dunha ampla programación paralela pensada para todos os públicos.

“Irmandades miúdas”: A aventura para os máis pequenos

A programación infantil “Irmandades Miúdas” converterá tamåén aos máis pequenos en protagonistas da xornada. Cunha excelente acollida previa e decenas de nenos e nenas inscritos, esta actividade ofrece na Preguiza xogos, probas adaptadas e contidos lúdicos inspirados no espírito irmandiño, co obxectivo de educar e divertir ao mesmo tempo.

Sabores da terra co “Pincho Irmandiño”

Durante os días 19, 20 e 21, a gastronomía tamén terá un papel destacado grazas ao Pincho Irmandiño, unha ruta na que participan 10 establecementos hostaleiros da vila: Tapería Rúa Maior, San Roque, Bar Cafetería O Tixo, Brétema, Oh Caruso, Gandainas, Enredo, O Ferro, Almae e Luan’s. Os visitantes poderán saborear creacións inspiradas na historia da comarca durante toda a fin de semana.

Zona de mercado, música en vivo e xantar popular e moitas máis sorpresas

No entorno da Preguiza instalarase unha zona de mercadillo con oito postos que ofrecerán desde artesanía local ata produtos ecolóxicos e solidarios (ganchillo, decoración, cosmética natural, agasallos personalizados, etc.).

A xornada estará amenizada pola música en directo de Candaira así como de música ambiente durante toda a xornada, contribuíndo a crear un ambiente festivo e participativo.

Ao remate da proba, participantes e público poderán compartir un xantar popular, que servirá de colofón perfecto a unha mañá de deporte, historia e convivencia, e onde se recuperará forzas celebrando en comunidade o espírito da Revolta.

Horarios da carreira

  • Recollida dorsais

Sábado 21 - 19:00 - 21:00 h

Domingo 22 - 8:30 - 11:00 h

  • Horario de cada tanda

Elite - 09.30h

Popular 8k 1 - 10:00h

Popular 8k 2 - 10:20h

Popular 8k 3 - 10:40h

Popular 8k 4 - 11:00h

Popular 5k - 11:20h

Irmandade Miúdas - 12:00h

  • Actividades complementarias

Tiro con arco - 10:00 - 13:00 h      

Mercadillo - 9:00 - 13:30 h             

Horario xantar- 14.15h                   

Horario recollida premios - 13.30h

Horario A proba irmandiña - 11:30h

Horario Candaira - Durante o vermú

NOTICIAS VERÍN | Máis de 300 valentes lanzaranse á 'Revolta Irmandiña' este domingo