Luns. 15.08.2022
O espectáculo do Mago Teto en Verín.
O espectáculo do Mago Teto en Verín.

O Mago Teto visitará Verín esta fin de semana da man do seu espectáculo 'O camiño do afiador' -e dunha roda de afiar dos anos 30, herdadada dos seus ancestros-. Será o domingo día 24, ás 19:00h no Auditorio Municipal, cunha mostra de ilusionismo orientada a todos os públicos, de balde e ata completar o aforo.

O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX (e practicamente extinguido no século XX) desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses, mesmo anos, coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo.

Devandito espectáculo está enmarcado dentro do Programa de Dinamización da Lingua Galega “Falaredes 2021” dentro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta de Galicia.

NOTICIAS VERÍN | O Mago Teto achega á vila o oficio de afiador cun espectáculo de...
comentarios