martes 28/09/21
Cita ineludible na semana grande da virxe

NOTICIAS VERÍN | A luz das antorchas iluminará este sábado o Santuario dos Remedios

Actividades na semana grande da Virxe dos Remedios.
Actividades na semana grande da Virxe dos Remedios.

Como cada ano, durante a semana grande na honra á virxe dos Remedios, o Santuario de Vilamaior ilumínase coas velas de centos de fieis. Este ano, a cita para o rosario das antorchas está prevista para o sábado día 4 de setembro, ás 21:00 horas. É a actividade máis emotiva para todos os devotos durante estes días de celebración, que continuarán cunha ofrenda floral o vindeiro luns 6.

O mércores 8, día grande, terán lugar misas a cada hora e rematará cunha misa solemne ás 20:00 horas, presidida polo Sr. Bispo, don Leonardo Lemos Montanet. A novena, que xa está tendo lugar, alongarase ata o vindeiro martes 7.

NOTICIAS VERÍN | A luz das antorchas iluminará este sábado o Santuario dos Remedios
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade