lunes. 29.04.2024
LudoNadal Verín 2022
Participantes na edición da Ludonadal de 2022.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dependente da Área de Benestar Social, abre o prazo de inscrición para o "Ludonadal", a Ludoteca de Nadal destinada a nenos e nenas de 3 a 11 anos.

O obxectivo principal desta iniciativa é facilitar a conciliación familiar durante as vacacións de Nadal, ofrecendo aos pais e nais unha opción segura e divertida para os seus fillos e fillas. Ludonadal tamén busca proporcionar un espazo de lecer educativo e entretemento para os nenos e nenas, permitindo aos adultos realizar as súas compras ou recados navideños no comercio local sen preocupacións.

Cando

O Ludonadal desenvolverase no Pavillón de Deportes dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, en horario de mañás e tardes, de luns a venres (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas), e polas mañás os sábados (9:00 a 14:00 horas). Os participantes poderán elixir entre diferentes opcións de tarifas: 80 euros para todos os días e horas; 50 euros para mañás ou tardes; 10 euros (día completo) ou 6 euros (medio día).

 

Así se divertirán os cativos

Dentro do marco de Ludonadal, os menores disfrutarán dunha ampla variedade de actividades, como inchables, ximcanas, tobogáns, obradoiros de decoración de Nadal, xogos de busca de agasallos, contos de Nadal con enfoque educativo sobre igualdade, excursións, festas temáticas e espectáculos infantís ou a visita do Ratiño Pérez, entre outros.

Cómo inscribirse

Para inscrición e máis información, os interesados poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa da Xuventude ou chamar ao teléfono 988-414776.

NOTICIAS VERÍN | A ludoteca de Nadal abre o prazo de inscrición