mércores 08/12/21
O Concello de Verín presenta hoxe oito actividades adaptadas ás medidas sanitarias

NOTICIAS VERÍN | Libros, conta contos e espectáculos de teatro e maxia, a oferta cultural de agosto

Axenda cultural agosto
A programación cultural para o vindeiro mes de agosto.

O Concello de Verín vén de presentar a súa axenda cultural e de lecer programada para o vindeiro mes de agosto e adaptada ás esixencias do momento actual, marcado polas medidas sanitarias vixentes derivadas da Covid-19.

Segundo confirmou esta mañá a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, durante o próximo mes programaranse un total de oito actividades, entre as que se inclúen dúas presentacións literarias, catro sesións de conta contos -organizadas pola Biblioteca Municipal de Verín- e dous espectáculos de teatro e maxia ideais para asistir con toda a familia.

"Lamentablemente en aras da responsabilidade social, aínda non podemos recuperar algúns dos nosos grandes eventos como a Batucada ou a Feira do Viño ata que as condicións sanitarias permítano con total garantía de saúde e seguridade para todas  as  persoas. Ainda así, desde o inicio da pandemia apostamos, e así o seguimos facendo, por seguir ofrecendo á cidadanía unha cultura segura, adaptando a nosa programación, como nesta ocasión, sempre respectando as medidas sanitarias marcadas en cada momento polas autoridades competentes", apuntou a concelleira.

A entrada para todos os eventos é libre e ata completar o aforo establecido.

A axenda de agosto

  • 5 de agosto ás 20:00h no Auditorio Municipal: Presentación do libro "Mi verdad en libertad", de Carmen Lovelle, un libro reflexo dun diario persoal e compartido dos cen días de confinamento por  COVID.
  • 6 de agosto ás 21:00h na rúa Irmáns La Salle: "Contos pola igualdade", de Raquel Queizás. Un espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques.
  • 7 de agosto ás 19:00h no Auditorio Municipal: Presentación do libro "A lareira da Veiga", de Mikel Diéguez. Un libro que nos mergulla na pequena gran historia dunha aldea de Galicia, contada a través do testemuño dos seus protagonistas.
  • 8 de agosto ás 20:00h na praza da Mercé: "SIM SALABIM", un divertido espectáculo de maxia para toda a familia co mago Javier Muro, con bonecos e obxectos que cobran vida e coa colaboración directa dos nenos, que formarán parte das ilusións máxicas.
  • 13 de agosto ás 21:00h na rúa Irmáns La Salle: "EXTRA", de Paco Nogueira, un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
  • 20 de agosto ás 21:00h na rúa Irmáns La Salle: "Isto non é só unha caixa" de Sarabela Teatro, un conta contos que fará viaxar a toda a familia coa imaxinación desta compañía.
  • 27 de agosto ás 21:00h na rúa Irmáns La Salle: "Brincadeira Pirata", da compañía de teatro infantil Galerna Crúa. Espectáculo de dinamización con música, teatro e danza.
  • 28 de agosto ás 20:00h na praza da Mercé: "Cartoóns", espectáculo de Hum e Os que comeza ao amencer, cando as enganosas luces da mañá fannos crer que o mundo está a nacer e que todos os nosos soños son posibles aínda.

NOTICIAS VERÍN | Libros, conta contos e espectáculos de teatro e maxia, a oferta...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade