jueves. 18.04.2024
José Ramón González, novo vicepresidente da IXP Carne de Vacún de Galicia.
José Ramón González, novo vicepresidente da IXP Carne de Vacún de Galicia.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu este xoves a constitución do novo pleno do consello regulador das indicacións xeográficas protexidas (IXP) Carne de Vacún de Galicia, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 16 vogalías, das cales dúas corresponden á Asociación Gandeiros Galegos de Suprema; dúas a Unións Agrarias; un perténcelle ao Sindicato Labrego Galego; tres son para a Asociación Agraria de Galicia e, os oito restantes son da Asociación Galega da Carne.

Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma Jesús González Vázquez, quen repite no cargo. No tocante á vicepresidencia do sector produtor, asume o cargo José Ramón González Vázquez, de Hermanos González Rodríguez SCG; mentres que a vicepresidencia do sector industrial será para Emilio Pedro González Iglesias, de Matadero Carballiño, S.L. En ambos casos son novos no cargo. 

NOTICIAS VERÍN | José Ramón González, novo vicepresidente da IXP Carne de Vacún