Venres. 29.03.2024
Hugo Domínguez, Juan Carlos Francisco e Jorge Salgado presentaron o primeiro torneo triangular Feira do Viño de Monterrei.
Hugo Domínguez, Juan Carlos Francisco e Jorge Salgado presentaron o primeiro torneo triangular Feira do Viño de Monterrei.

O Verín C.F debutará nesta tempada 2022-23 este sábado cun torneo especial. O José Arjiz acollerá o primeiro torneo tringaular da Feira do Viño de Monterrei, que coincidirá coa celebración da 15ª edicición deste importante evento vitivinícola da comarca. Neste encontro deportivos tamén participarán a Unión Deportiva Ourense e o Grupo Desportivo Bragança.

O presidente do club, Juan Carlos Francisco, presentou este torneo acompañado do capitán, Hugo Domínguez, e do porteiro Jorge Salgado. Para a súa organización contan coa colaboración da D.O Monterrei, quen se amosou disposta a axudar "en esta primera edición y en la futuras", apuntou Francisco. O máximo responsable do club tamén destacou que os participantes e gañadores do torneo terán trofeos conmemorativos e haberá "como no puede ser de otra forma, algún obsequio ligado a la celebración de la Feira do Viño".

Os xogadores animaron a que a afección acuda este sábado ó José Arjiz para animalos. "Que mellor que empezar unha tarde de sábado e antes de ir tomar uns viños, que vir ver xogar ó teu equipo", destacou Domínguez. O seu compañeiro Jorge Salgado non foi menos e tamén pediu que ninguén se perda este torneo.  “É o noso primeiro partido diante dos nosos e queremos velos a todos nas bancadas. Precisamos do seu apoio desde o minuto número un, e ese minuto será este sábado ás sete da tarde”, comentou o meta.

Cada partido disputarase a un só tempo de 45 minutos, máis os 15 de descaso. O primeiro encontro serán entre o Verín e a U.D. Ourense ás 19:00 horas. Unha hora máis tarde repetirán os locais fronte ó Bragança e, por último, ás 21:00 horas, será o turno dos equipos invitados: a U.D. Ourense e o Bragança.

.

NOTICIAS VERÍN | O José Arjiz acolle o primeiro torneo triangular da Feira do Viño