jueves. 25.04.2024
6007bccb-e810-4f0b-b46a-25b21e1ccd15-min
O axente da Policía Local, Jorge Fernández, recibiu hoxe un recoñecemento no Concello pola súa labor. | FOTO: M. D.

 

O Concello de Verín recoñeceu hoxe, de maneira oficial, o labor dun policía local da vila que o pasado 6 de setembro colaborou de xeito activo para salvarlle a vida a un home, vítima dunha tentativa de suicidio.

Trátase de Jorge Fernández Sueiro, axente dende hai 17 anos. "Síntome moi satisfeito pero este recoñecemento é para toda a Policía Local. Isto forma parte do noso labor diario e das 40.000 actuacións que facemos", explica. "Realizamos moitas actuacións pero o auxilio á cidadanía é o que máis nos reconforta e gratifica", engade.

6177a283-c566-4a96-ab94-d49f83abdf0f-minO inspector Emilio Morillo; a concelleira de Seguridade, Cándida Couñago; o axente Jorge Fernández, e a concelleira de Persoal, Rosario Rodríguez, no acto de hoxe. | FOTO: M. D.

A concelleira de Seguridade, Cándida Couñago, quixo destacar no acto que "a Policía Local non só está para sancionar e controlar o tráfico senón tamén para axudar ao cidadán".

Algo que ratificaron todos os alí presentes, entre eles, o inspector Emilio Murillo, quen arroupaba ao seu compañeiro. "O cidadán non coñece a totalidade das nosas actuacións pero nesta ocasión, tan delicada, é un orgullo porque o propio doutor do 061 recoñeceu que lle salvou a vida", explicaba.

Dende o equipo de goberno tamén informaron de que percibirá un complemento de produtividade para "agradecer todo o interese mostrado nesa actuación", resaltou a concelleira de Persoal, Rosario Rodriguez.

NOTICIAS VERÍN | Jorge Fernández Sueiro, policía local: "O auxilio ao cidadán é a nosa...