sábado. 20.04.2024
O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu a reunión. | FOTO: Anabel G. Simón.
O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu a reunión. | FOTO: Anabel G. Simón.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu este mércores a constitución do novo pleno do consello regulador da denominación de orixe (D.O.) Monterrei, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por sete vogalías, das cales dúas corresponden á Asociación Agraria de Galicia; outras dúas para Unións Agrarias; outras dúas para a Federación Rural Galega e a restante correspóndelle a Terras do Cigarrón, S. L.

Os vogais electos son: Lara Da Silva (representante de Gestión Vitivinícola, C. B.), Aníbal Blanco e Asunción Rodríguez Zarraquiños (representante de Viticultura Monterrey, S. L.), todos eles dentro do sector de productores, ou Censo A.


No Censo B, ou industrial, como vogal do Subcenso B1 atópase Manuel Vázquez Losada, e no Subcenso B2, Amadeo Salgado (Bodega Pazo de Valdeconde, S. L.) e José Fernando Boo Paradela (Bodegas Abeledos, S. L.). O sector cooperativo (Censo C) estará representado por Miguel Ángel Tubio Fernández.

Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron por unanimidade que a presidencia do consello regulador a asuma Jonatás Gago García, novo no cargo. No tocante á vicepresidencia será asumida por Manuel Vázquez Losada, tamén novo no cargo.



Jonatás Gago García é diplomado en Educación Infantil e licenciado de Psicopedagogía (ambas pola Universidade de Vigo). Tamén é mestre de Educación Infantil desde o ano 1999 no Colexio María Inmaculada de Verín.

NOTICIAS VERÍN | Jonatás Gago García presidirá a D.O. Monterrei