
16:49 do 3 de agosto de 2022
Segundo confirma o propio rexedor municipal, Gerardo Seoane, e tamén dende Medio Rural, veñen de detectarse novos focos de lume nas proximidades da vila de Verín -entre A Rasela e Queirugás- xusto no momento no que as lapas do incendio de Ábedes comezan a afectar ás instalacións da fábrica de Aguas de Sousas, onde xa se están consumindo algunhas das caixas de embotellamento almacenadas no exterior das instalacións.