viernes. 19.04.2024
Entrada principal al hospital de Verín. | FOTO: M. D.
Entrada principal al hospital de Verín. | FOTO: M. D.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ofertará en setembro 129 contratos de longa duración para as persoas anotadas nas bolsas de emprego do Sergas para os profesionais temporais. O Hospital de Verín contará con cinco novas incorporación grazas a este lanzamento de contratación que busca promocionar a estabilidade laboral do persoal eventual ata que se abra unha convocatoria de prazas de Oferta Pública de Emprego.

Dos cinco profesionais que se incorporarán ó Hospital de Verín, dous son especialistas de Enfermería. Estos profesionais son os que máis oportunidade terán de acceder a un dos contratos, xa que 63 dos 129 postos ofertados son para persoal de Enfermería e as súas especialidades. Os outros tres contratos que se farán no comarcal verinés son para técnico especialista de radioloxía, outro de laboratorio e outro de farmacia.

No conxunto da área sanitaria a distribución dos 129 contratos son 101 prazas para o CHUO, 15 para Atención Primaria, 8 para o comarcal de Valdeorras e os 5 de Verín. Todos os contratos cubriranse de xeito prolongado co persoal da lista de contratacións, mantendo a orde de puntuación, dependente da nota dos exames das presentacións previas a Ofertas Públicas de Emprego, da experiencia e dos méritos académicos ou formación. 

Os contratos ofertados poden serán tamén para persoal de cociña, técnicos superiores de radioloxía e laboratorio, persoal auxiliar de coidados de enfermeria (TCAE), auxiliares administrativos, persoal de servizos xerais, celadores e técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información.

NOTICIAS VERÍN | O hospital contratará a cinco novos profesionais de longa duración