viernes. 26.04.2024
WhatsApp Image 2021-04-23 at 20.20.21 (2)
Mobilización en Feces de Abaixo (Verín) a favor da reapertura das fronteiras. | FOTO: M. Ceballos.

A cor gris que permaneceu no ceo de Feces de Abaixo (Verín) non impediu a saída ás rúas dos comerciantes raianos. Pero non o fixeron sós. Estiveron acompañados por veciños, comerciantes de toda a comarca e diversas personalidades da política. 

VERÍN-FECES-PROTESTASA segunda mobilización dos comerciantes de Feces de Abaixo. | FOTO: M. Ceballos.

Tamén sentiron o especial apoio dos empresarios portugueses, que esperaban tranquilos ao outro lado da fronteira. "A Raia unida non será vencida", cantaba a portavoz dos comerciantes de Feces, Purificación Regueiro, e todos os seus compañeiros. Pedían, con este grito de guerra, a unión das dúas partes para facer  máis forte esta loita.

Finalmente, os seus desexos foron cumpridos. Foi o presidente da Cámara de Chaves, Nuno Vaz, quen representou a todo o pobo portugués no momento de unión. "Aquí hai un espazo común, a Eurocidade, que todos temos que aproveitar sempre e cando, dos dous lados, se respeten os criterios anticovid", dixo o rexedor luso. 

Aquí hai un espazo común, que todos temos que aproveitar sempre e cando, dos dous lados, se respecten os criterios anticovid (Nuno Vaz, presidente da Cámara Municipal de Chaves)

Con este xesto, Vaz converteuse no único portugués, ademais dos medios de comunicación, en cruzar a fronteira. Xusto despois deste momento, ocorreu un dos momentos máis ovacionados: a xuntanza dos dous mandatarios unidos pola mesma causa. 

WhatsApp Image 2021-04-23 at 20.28.19O presidente da Cámara de Chaves, Nuno Vaz e Gerardo Seoane, alcalde de Verín. | FOTO: M. Ceballos.

Estando xuntos, recalcaron a importancia do funcionamento do comercio transfronteirizo e Seoane recalcou que "queremos poñer sobre a mesa que non somos unha raia sobre un papel: a fronteira real non existe. O que si existe son as relacións comerciais que benefician a ambas partes" e que "hai outras maneiras de actuar neste sentido, ao igual que fan noutros países", probablemente facendo referencia ao exemplo francés.

Non somos unha raia sobre un papel. A fronteira real non existe. O que si existen son as relacións comerciais que benefician a ambas partes, e hai outras maneiras de actuar neste sentido (Gerardo Seoane, alcalde de Verín)

NOTICIAS VERÍN | Os Gobernos de Verín e Chaves respaldan a apertura das fronteiras