O vindeiro día 8 de xaneiro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a actuación de Gisela, a voz de Disney en España.
Chega a Verín Gisela Concert Kids, un espectáculo musical para toda a familia onde a artista, un fada máxica, carismática e con voz anxelical, introducirá ao púbico nunha fantástica e apaixonada viaxe polas moitas aventuras Disney.
Os asistentes mergullaranse de cheo nos contos e cancións infantís que marcaron a infancia de varias xeracións tales como: “Sueña” (El Jorobado de Notredame), “Parte de él” (La Sirenita), “Ha Nacido una Estrella” (Hercules), “Aquella estrella de allá” (Peter Pan), “Bella y Bestia” ou “Colores al viento” (Pocahontas), entre outras.
Ademais, Gisela non virá soa… Chega acompañada dunha posta en escena espectacular, vestiarios animados, personaxes moi pero que moi coñecidos, decorados, e moitas máis cousas que conectarán aos espectadores de principio a fin co show durante máis dunha hora de duración.
Unha das primeiras "triunfitas" e voz de Disney
A compañía cinematográfica “Disney” seleccionouna entre todos os seus compañeiros de OT para interpretar “Aquella estrella de allá” da película Peter Pan.
Desde entón ela e Disney tiveron unha unión moi especial e hoxe en día Gisela é coñecida por ser a voz oficial de Disney en España. O que a levou a interpretar as cancións máis coñecidas de películas, como a anterior nomeada, Peter Pan, Bella y Bestia e a máis actual Frozen 2, a cal lle levou a percorrer infinidade de países e escenarios, levando a súa voz ata a famosa gala de “Los Oscar” interpretando a canción “Mucho más allá”.
As entradas xa están dispoñibles, por 10 euros, en ataquilla.com.