luns 06/12/21

O Grupo de Desenvolvemento Rural Monteval vén de anunciar o inicio dun novo curso formativo gratuíto, neste caso sobre repostería e pastelaría tradicional, orientado a todas as persoas interesadas, teñan ou non titulación relacionada.

"Teñen cabida todas as persoas, profesionais e afeccionadas, non é necesaria formación. O único requisito é que sexan residentes do territorio de actuación do GDR", afirma Ana Pardo, xerente de Monteval. Isto é, todas aquelas persoas que pertenzan aos concellos de A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós. 

Neste curso, que comezará o vindeiro martes 21 de setembro, os asistentes aprenderán a recoñecer a maquinaria e os diferentes aparellos utilizados en pastelaría, así como a empregar as distintas materias primas de xeito óptimo. Durante tres tardes -para facilitar a conciliación laboral- practicarán técnicas e operacións básicas como é a elaboración de diversos recheos para doces. A decoración e a presentación tamén xogarán un papel fundamental.

Curso de repostería tradicional en Monteval.Curso de repostería tradicional en Monteval.

Respectando todas as medidas de seguridade sanitaria contra a Covid-19, o taller estará formado por 3 grupos de 8 persoas, un por semana, que recibirán a formación no obradoiro da empresa Dona Bica, na Rasela. A inscrición, aberta ata cubrir o aforo máximo, debe realizarse nas oficias da Asociación Monteval situadas no polígono industrial de Pazos ou contactando co 988 590 233.

Esta nova iniciativa forma parte da ampla listaxe formativa do GDR entre os que salienta o curso de panificación artesá, impartido o pasado ano 2020, que foi todo un éxito.

NOTICIAS VERÍN | O GDR Monteval estrea un curso para formar a novos reposteiros
comentarios