lunes. 29.04.2024
IMG_1580

O ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes de Verín será o escenario dun novo obradoiro temático de creación de coroas florais de Nadal. O mesmo está organizado polo Concello de Verín, en colaboración coas florerías locais da vila; realizándose esta primeira edición coa Florería Lirios. Será o domingo 17 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas.

Esta iniciativa ten como obxectivo non só celebrar a temporada festiva, senón tamén fomentar a participación activa da comunidade na creación dos seus propios adornos de Nadal, contribuíndo así á dinamización do comercio local.

Ao longo deste obradoiro temático, os participantes terán a oportunidade de mergullarse no espírito do Nadal mentres crean adornos únicos e especiais.

A colaboración coas florerías locais engade un toque auténtico e comunitario a esta experiencia, destacando a importancia de apoiar e promover o comercio local.

A inscrición para o evento ten un custo de 20 euros e pode realizarse directamente na propia FloristeríaLirios (rúa Deputación, 23. baixo).

Colaboración coas florarías de Verín

Cada ano, este obradoiro correra a cargo dunha das floraríasde Verín (sempre que queiran adherirse a esta iniciativa). Deste xeito, todos os negocios florais da vila iránse rotando enriquecendo a calidade do taller e conseguindo unha participación equitativa de todos os comercios florais locais.

NOTICIAS VERÍN | Novo obradoiro temático en colaboración coas florerías locais