Xoves. 06.10.2022
José Ángel Rodicio, Santos Álvarez e Carlos Montero entregaron os premios ós negocios gañadores.
José Ángel Rodicio, Santos Álvarez e Carlos Montero entregaron os premios ós negocios gañadores.

Como xa aconteceu en anos anteriores, a Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (Aever) non se quixo perder a oportunidade de colaborar co Festival Internacional de Curtas. Entre as actividades paralelas do evento, organizaron o concurso "Escaparates de cine" no que participaron media ducia de tendas da vila que engalanaron as súas vitrinas e espazos interiores con motivos relacionados coa sétima arte.

Os gañadores foron Asubío Tenda, no primeiro lugar con oito votos; Noisiness quedou segundo con sete votos; e, por último, Santiveri Verín-Xinzo pecha o podio ao obter cinco votos do xurado. Estes establecementos recibirán os seus premios respectivos de 150, 75 e 50 euros, segundo a posición conseguida.

 

O director do FIC Vía XIV de Verín, Carlos Montero, agradeceu novamente a implicación de todos os negocios e comercios que participaron na iniciativa e, “moi particularmente a Aever por continuar apoiando ó noso festival e impulsando actividades relacionadas co cinema durante a semana do FIC, tal e como foi a actividade 'Sopa Cómica', dirixida a fomentar que a cativada de Verín e comarca se familiarizase co cinema”.

NOTICIAS VERÍN | O FIC e Aever elixen ós mellores escaparates de cine da vila
comentarios