martes. 23.04.2024
Proxección de "The Cameraman" na inauguración do FIC. | FOTO: Iván Iglesias.
Proxección de "The Cameraman" na inauguración do FIC. | FOTO: Iván Iglesias.

O Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín deu comezo cunha sesión de cine na rúa e a música do trío Casperverk, quen foi o encargado de dar o inicio a esta séptima edición nunha Praza García Barbón na que os verineses se deron cita coa cultura.

O público estivo moi entregado en todo momento, dende que Casperverk comezou ata o remate. Entre as sorpresas da gala inaugural houbo unha pequena posta en escena, non exenta dalgún que outro problemiña, onde Emilia Somoza, concelleira de Cultura, participou activamente e ata se puxo unha perruca.

Cando Somoza empezaba o seu descurso inaugural para celebrar que “neste ano a normalidade se asenta nas nosas vidas”, permitindo que o público se xuntase “de novo para a séptima edición do FIC”, foi interrompida. Como parte da posta en escena, o director Armand La Maison, interpretado por un voluntario do festival, quixo dirixir a súa intervención porque pensaba que se atoapaba nun festival de cine de Berlín.

 

A pequena interpretación rematou con Somoza convencendo ó director de que o Festival de Curtas de Verín era unha cita cargada de moito cine e tamén de música e gastronomía, entre outros. Ó final, Armand descubriuse, amosando que non era un verdadeiro director e que o único que desexaba era participar no FIC.

A concelleira rematou, sen interrupcións, o seu descurso dándolle ó público a “benvida” a esta edición e agradeceulles o seu apoio ó FIC para que medre cada ano. Recordou á organización, ás empresas privadas que participan, ós voluntarios e traballadores e ó pobo de Verín “por facer deste festival o irmán pequeno do Entroido”.

Despois desta parodia, mesturada co descurso inicial, deu comezo a proxección de “The Cameraman” de Buster Keaton, acompañada pola música do trío Casperverk, ao grito de “Viva o cine”. As risas non faltaron entre o público que asistiu para ver esta cinta de comedia muda.

NOTICIAS VERÍN | A gran festa do FIC comeza con moito humor e ao grito de "viva o cine"