jueves. 25.04.2024
0FEF4DFF-C157-4F54-A4E7-6C72786F14E9
Os dous vehículos implicados no accidente. | FOTO: M. Ceballos.

Un anaco antes das seis da tarde producíase unha colisión entre dous vehículos na N-532 á altura da localidade verinesa de Feces de Abaixo, que deixou a un dos condutores ferido leve e ao outro ileso. Trátase dun turismo -Renault Megane- e unha furgoneta -Citröen Berlingo- que circulaban en dirección Portugal.

O choque produciuse cando a furgoneta se atopaba en plena maniobra de adiantamento, momento no que o condutor do vehículo tomou a saída cara ao Casino Francés. A colisión provocou que ambos remataran na marxe esquerda da estrada. O condutor do Renault Megane, de 32 anos, resultou ferido leve e acudiu por propia vontade ao Hospital de Verín. O chófer da furgoneta, un home de 59 anos, non precisou asistencia médica.

E28C6E8A-0BBA-42A8-9A15-D0822EE0723DO Renault Megane e a Citröen Berlingo, no lugar do accidente. | FOTO: M. Ceballos

Esta zona, que non está considerada oficialmente como punto negro pola Dirección Xeral de Tráfico, é lugar habitual de accidentes automobilísticos.

NOTICIAS VERÍN | Un ferido leve ao colidiren dous vehículos na N-532 á altura de Feces