viernes. 19.04.2024
1AC87DC9-5FC9-4F68-8E7A-03AA8FCE7EF7
Os vehículos implicados.
Pouco antes das 17:00h producíase unha colisión entre dous vehículos na N-532, á altura da localidade de Queizás, que deixou un ferido grave. Os turismos implicados circulaban en sentido oposto cando tivo lugar a colisión frontolateral. O condutor do vehículo con matrícula portuguesa, un Volkswagen Vento, quedou atrapado no interior e foi necesaria a actuación dos bombeiros do parque de Verín para a súa excarcelación. Máis tarde, foi evacuado nun helicóptero medicalizado que tamén acudiu ao se producir o sinistro. O seu acompañante, pola contra, resultou ileso. Pola súa parte, a condutora do Seat León vermello tamén saiu ben parada aínda que acudiu ao hospital comarcal pola súa propia vontade. 
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia e membros de Protección Civil. 
 

NOTICIAS VERÍN | Un ferido grave tras colidiren dous coches na N-532, á altura de Queizás