jueves. 02.05.2024
WhatsApp Image 2023-08-03 at 12.09.58
Buzón de preguntas nas Piscinas Municipais de Verín.

FEMURO presenta o proxecto SexEdúcate, unha nova iniciativa que busca educar á mocidade da provincia de Ourense nunha sexualidade consciente, libre e igualitaria. Este proxecto, que conta coa colaboración co Concello de Verín, enmárcase no compromiso continuo de FEMURO coa promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A seu financiamento provén da Secretaría Xeral de Igualdade, a través dos fondos do Pacto de Estado, que respaldan diversas accións desenvolvidas ao longo do ano.

O proxecto naceu a partir da interacción directa que FEMURO tivo cos adolescentes en obradoiros de educación sexual realizados en centros educativos. Nestes encontros, puideron observar que os mozos e mozas tiñan numerosas dúbidas neste ámbito e, moitas veces, carecían de fontes de información científica e precisas. Ademais, FEMURO identificou a influencia crecente da pornografía na vida desta xeración, que moitas veces representa o primeiro contacto coa sexualidade e pode levar a ideas distorsionadas sobre a mesma, reforzando estereotipos e enfocándose no pracer masculino.

Co obxectivo de abordar estas necesidades, FEMURO crea o espazo SexEdúcate, proporcionando un lugar seguro e anónimo onde os adolescentes poden plantexar as súas preguntas e inquedanzas, coa confianza de recibir respostas claras e obxectivas. Para implementar esta iniciativa, instalaranse caixas de correos en varios puntos, permitindo que os mozos e mozas presenten preguntas sobre temas como o coito, orientación sexual, feminismo, menstruación, anatomía corporal, consentimento, métodos contraceptivos e máis.

Estas caixas de correos incluirán un Código QR que redirixirá a un vídeo explicativo en YouTube, dispoñible aquí. Unha vez recibidas as preguntas, FEMURO responderá mediante vídeos no formato Reel, publicados na conta de Instagram da federación (@femuroverin). A elección desta plataforma debeuse á súa relevancia no día a día do público obxectivo, permitindo un acceso claro e directo á información.

Ademais da caixa de correos permanente na sede de FEMURO, tamén se instalará unha primeira caixa de correos nas Piscinas Públicas de Verín durante todo o mes de agosto. Posteriormente, este recurso extenderase a (puntos) clave para a mocidade, incluíndo centros educativos e outros espazos.

NOTICIAS VERÍN | FEMURO e o Concello de Verín lanzan “SexEdúcate”: unha nova iniciativa...