jueves. 18.07.2024
dhi cabreiroa-1
O Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team xunto a Diego Lourenzo e Manuel Lorenzo. | FOTO: Anabel G. Simón.

A Federación Galega de Ciclismo e o Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team organizan , coa colaboración do Concello de Verín, a primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá, que terá lugar nos días 13 e 14 de maio de 2023 no monte Montemaior, en Cabreiroá, Verín (Ourense).

O evento foi presentado esta mañá por Javier Estévez, e Manuel Baños presidente e secretario, respectivamente, do Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing e organizadores do evento; e contou coa presenza de Diego Lourenzo, tenente de alcalde e Manuel Lorenzo, concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería do Concello de Verín, en representación da área de Deportes.

"Queremos expresar o noso sincero agradecemento, ao Club Deportivo Bicicletas Chinquena Racing Team, pola súa dedicación e esforzo na organización da primeira edición do Trofeo Federación DHI Cabreiroá en Verín, Ourense. É unha gran honra para o Concello de Verín que este gran evento deportivo se celebre na nosa vila", destacou Manuel Lorenzo.

A competición, que será de carácter nacional e regida pola normativa autonómica, disputarase no circuíto de descenso de Cabreiroá, que ten unha lonxitude de 1,78 km e un desnivel de 322 metros. O evento contará cos servizos de remontes e asistencia médica, ademais de área de lavado de bicicletas e avituallamento para os corredores durante as mangas de competición.

Para participar, é necesario contar coa licenza federativa de competición, e o prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de maio a través da plataforma web da Federación Galega de Ciclismo. As categorías de inscrición son: Elite, Sub 23, Junio, Cadete, Infantil, Master 30, Master 40 e 50, tanto para homes como para mulleres. Tamén haberá unha categoría especial de enduro absoluta, sen distinción de categorías de idade nin de sexo.

Os días 13 e 14 de maio, haberá unha xornada de entrenamentos libres e a competición terá lugar o sábado 14, con entrenos oficiais ás 8:30 horas, seguidos da manga clasificatoria ás 11:00 horas e a manga final ás 13:00 horas. O evento rematará ás 14:00 horas coa entrega de trofeos. Máis información e detalles do recorrido do circuíto e das normas de seguridade, entre outros aspectos, están dispoñibles na web da Federación Galega de Ciclismo.

NOTICIAS VERÍN | Bicicletas Chinquena Racing Team organiza a primeira edición do Trofeo...