sábado. 22.06.2024
Escola Deportiva Verán Verín (FILEminimizer)
Saída en bicicleta da cativada da Escola deportiva de verán o ano pasado. | FOTO: Concello de Verín.

A Escola deportiva de verán "Convive en igualdade" vén de abrir o prazo de inscrición. O programa deportivo é unha iniciativa lúdica e deportiva que cumpre a súa 25ª edición este ano. Ideada para nenos e nenas nados entre o 2009 e o 2019, busca facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e poder ofrecer unha alternativa completa para o período vacacional .


A cativada terá un amplo horario de actividades, dende as 08:00 ata as 14:30 horas, de luns a venres. A Escola deportiva de verán estará aberta dende o 22 de xuño ata o 8 de setembro. Para ofertar unha actividade totalmente acorde ás necesidades das familias, poderase elixir a temporalidade: quincenas, media matrícula ou matrícula completa, dous meses e dúas semanas.


Desenvolverase o tradicional programa baseado en xogos coeducativos de igualdade e actividades deportivas variadas, salpicado doutras actividades complementarias como cine, teatro, obradoiros, piscina, baile e actividades propias de ocio e recreación. Tamén, haberá diferentes eventos, torneos deportivos especiais e saídas pola contorna de Verín. Este ano, contarán con varias actividades especiais pensadas para celebrar as vodas de prata da Escola de verán.

A inscrición pódese realizar presencialmente nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes, en horario de 16:00 a
21:00 horas, de martes a venres; ou remitindo un correo electrónico a [email protected]. Tamén existen follas de inscrición dispoñibles na entidade de Caja Rural de Zamora.

NOTICIAS VERÍN | Aberto o prazo de inscrición para a "Escola deportiva de verán"
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad