lunes. 29.04.2024
Exterior do IES García Barbón de Verín.
A sección en Verín da Escola Oficial de Idiomas ten a sede no IES García Barbón.

A sección en Verín da Escola Oficial de Idiomas xa ten aberto o prazo de matrícula para iste ano escolar. Ata o 15 de setembro poderáse facer a inscrición nas diferentes tipoloxías de cursos que ofertan; iso si, somentes se impartirán clases de inglés.

Diste xeito, a EOI oferta distintas modalidades para estudar o idioma: cursos oficiais, de actualización e monográficos. Para acceder ós niveis dos cursos oficiais distintos do primerio de básico é necesario ter un título ou certificado acreditativo de calquera das institucións recoñecidas pola Consellería de Educación, que dará acceso directo ó nivel inmediatamente superior.

Cursos de actualización e monográficos

Os cursos de actualización son iguais ós oficiais, co mesmo horario e clases compartidas co alumnado oficial; a diferencia é que non terán probas a final de curso. Son ensinanzas pensadas para antigo alumnado que desexen repasar o seu coñecemento da lingua. Respecto ós monográficos, son cursos para practicar a expresión oral, repasar e aprender gramática e vocabulario e empregalo nun contexto “real”.

Para máis información sobre a matrícula e a oferta educativa, pódese contactar coa xefa de estudos da sección da Escola Oficial de Idiomas en Verín: Rosa María Roldán no IES García Barbón. En horario de tarde ata o xoves 14 de setembro, de 16 a 19 horas, e en horario de mañá o venres 15 de setembro, de 10 a 13 horas.

NOTICIAS VERÍN | A Escola de Idiomas oferta cursos oficiais, de actualización e...