martes. 15.10.2024
Cigarróns pola avenida de Portugal, no pasado corredoiro.
Cigarróns pola avenida de Portugal, no pasado corredoiro.

Esta mañá, o Concello de Verín presentou a que será a súa programación oficial do Entroido 2022. A pesar de non organizarse ningún evento masivo - coa finalidade de evitar as aglomeracións de xente - será un ano no que, con máis de cen horas programadas de música na rúa, a festa e a diversión están aseguradas.

Desde o xoves 17 de febreiro (compadres) ata o 1 de marzo (martes de entroido), programaranse un total de 45 actuacións musicais itinerantes conformadas por charangas música tradicional e brass band.

Por outra banda, e como novidade, este ano potenciaránse as actividades destinadas aos máis pequenos da casa axendando o luns 28 de febreiro máis dunha vintena de propostas variadas, que terán lugar nas prazas García Barbón e Merced.

NOTICIAS VERÍN | Moita música no Entroido máis enxebre de Verín