Venres. 29.03.2024
Os cigarróns de Verín.
Os cigarróns de Verín.

Tras catro anos sen poder celebrarse, polas condicións climatolóxicas e pola pandemia, a Feira da Máscara de Zamora volverá a ter lugar este sábado e contará cuns invitados especiais. O Entroido de Verín estará presente nesta 11ª edición do evento, que contará con máis de 400 participantes de 26 grupos tradicionais de diversos puntos do país e de Portugal.

Os cigarróns, capuchóns e cascabelas de Verín trasladaranse a Zamora para amosar toda a tradición do entroido. A comitiva partirá dun dos puntos máis importantes da cidade e recorrerá diversas das súas rúas. Ademais, a Banda de Gaitas do Concello de Verín tamén estará presente para achegar ós veciños de Castela o son das súas gaitas. A Feira da Máscara de Zamora non só contará cun desfile de entroidos tradicionais, disporá tamén de postos de artesanía.

NOTICIAS VERÍN | O Entroido verinés viaxa ata Zamora para amosar as súas tradicións