miércoles. 09.10.2024
Emilia Somoza, co candidato á alcaldía do Concello de Viana polo BNG, Secundino Fernández.
Emilia Somoza, co candidato á alcaldía do Concello de Viana polo BNG, Secundino Fernández.

A que aínda é concelleira de Cultura, Educación e Festexos do Concello de Verín, a nacionalista Emilia Somoza Basalo, vén de ser confirmada como segunda na lista do BNG de Viana, logo do que será o seu candidato, Secundino Fernández. 

Emilia Somoza naceu fai 64 anos nesa vila, a de Viana do Bolo, e non renunciou nunca á súa terra malia ter tamén unha consolidada relación con Verín, onde rematou a súa etapa profesional coma funcionaria da Axencia Estatal da Administración Tributaria. 
 

Xubilouse en 2018 e todo facía indicar que a do 2019, en Verín, sería a súa derradeira participación na vida pública dentro dunha formación política. Pero, como así confesou, "os ánimos da xente da pé e as compañeiras e compañeiros do BNG de Viana animáronme a aceptar a proposta, que aceitei con agrado", sinalou Somoza Basalo. 

Emilia Somoza destacou coma unha das concelleiras máis activas do grupo de Goberno PSdeG - BNG no Concello de Verín, amadriñando un importante cambio na política cultural da vila verinense dende que asumiu a responsabilidade da súa concellería. 

NOTICIAS VERÍN | Emilia Somoza "ficha" polo BNG de Viana