Os vindeiros 31 de marzo e 1 de abril, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín converterá, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a sexta edición das "Xornadas de Novela Histórica". Esta vez baixo o título de "Historia e Misterios", contará coa presenza de cinco autores e autoras de primeiro nivel dentro de este xénero literario, entre os que se encontran o Premio Planeta 2017, Javier Sierra, e a Premio Planeta 2022, Luz Gabás.
Devandito evento, que terá lugar no Auditorio de Verín, foi presentado este venres na Biblioteca polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane; polo tenente de alcalde, Diego Lourenzo; e polos responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez.
Segundo confirmou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, "nesta ocasión, os autores e autoras presentes trasladarán aos asistentes a diferentes momentos da historia, sempre -por suposto-, desde o prisma do misterio, temática central desta nova edición". Os asistentes poderán viaxar a Exipto, e coñecer a historia sempre menos comentada da Primeira República Española; á Galicia medieval e os conflitos entre os reis Alfonso XI o "Xusticeiro" e o do seu fillo Pedro I de Castela o "Cruel". Rematará esta viaxe ficticia nos territorios de Luisiana abordando a nova posesión dos territorios do Mississippi por parte do Imperio Español, a relación entre os nativos americanos e os europeos e a multitude de conflitos entre franceses, ingleses e as novas colonias independentes e a escravitude e as relacións imposibles.
As xornadas, que serán gratuítas e con libre acceso ata completar aforo, estarán amenizadas polo profesor David Rodríguez Rivada que fusionará a melodía do seu chelo coa literatura.
Así mesmo, e seguindo a liña das anteriores edicións, as VI Xornadas de Novela Histórica serán presentadas por voluntarios e voluntarias da Biblioteca de Verín que incluso introducirán aos propios autores e autoras. "Como sempre", explicou Diego Lourenzo, tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, "teremos unha sesión especial aos alumnos e alumnas dos centros de ensino onde Javier Sierra falará sobre a súa novela "A pirámide inmortal", a súa adaptación ao cómic, e como foi realmente a súa vivencia unha noite enteira dentro da Gran Pirámide, igual que fixo Napoleón, Julio César ou Alejandro Magno". A mesma será na mañá do venres 31 de marzo.
Por outra banda, a partir do 1 de marzo, a Biblioteca Municipal abrirá ao público a exposición “A pirámide inmortal: Napoleón en Exipto”; cedida para este evento pola Editorial Norma que publicou o cómic baseado na novela homónima de Javier Sierra. A mesma tamén estará dispoñible no Auditorio de Verín os días das xornadas.
Toda a información do evento, programa e sinopse das conferencias está na web da Biblioteca do Concello de Verín www.bibliotecadeverin.es
Autores e programa
AUTORES/AS:
Luz Gabás (actual Premio Planeta)
Javier Sierra (Premio Planeta 2017)
Nacho Ares
José Calvo Poyato (escritor e coordinador das presentes Xornadas)
José Luís Corral (escritor e coordinador das presentes Xornadas)
PROGRAMA
Venres 31 Marzo
- 12:00 Intervención musical de David R. Rivada.
- 12:05h. Javier Sierra: “A pirámide inmortal”, presenta Inés García, voluntaria Biblioteca de Verín, acompaña na mesa o escritor José Luis Corral (dirixida aos centros de ensino, entrada libre ao público ata completar aforo).
- 19:00h. Inauguración. A cargo de Esther Vaz Diéguez, voluntaria da Biblioteca de Verín.
- Intervención musical de David R. Rivada.
19:10h. José Luís Corral: "Galicia medieval nas novelas “Matar al rey” e “Corona de sangre", presenta Juan Carnero, voluntario da Biblioteca de Verín, acompaña na mesa o escritor Javier Sierra. - 20:00h. Javier Sierra: "Unha noite na gran pirámide", presenta Inés García, voluntaria Biblioteca de Verín, acompaña na mesa o escritor José Luís Corral.
- Intervención musical de David R. Rivada.
- Sinatura de libros
Sábado 1 Abril.
- 18:30h. Intervención musical de David R. Rivada.
- 18:35h. José Calvo Poyato: "O ano da República”, presenta Lorena Carnero, voluntaria da Biblioteca de Verín, acompañada na mesa polo etnógrafo Miguel Losada.
19:15h. Nacho Ares: "Tutankhamón: Historia e Lenda", presenta Noelia Gallego Campos, voluntaria da Biblioteca de Verín e acompañado na mesa o escritor Javier Sierra. - 20:00h. Luz Gabás: "Lejos de Luisiana" (Premio Planeta 2022), presenta Esther Vaz Diéguez, voluntaria da Biblioteca de Verín, acompañada na mesa polo escritor José Luís Corral.
- Intervención musical de David R. Rivada.
- Sinatura de libros.