jueves. 25.04.2024
Cartel informativo sobre a búsqueda de participantes para o Desfile de Entroidos Tradicionais  en Verín.
Cartel informativo sobre a búsqueda de participantes para o Desfile de Entroidos Tradicionais en Verín.

O Desfile de Entroidos Tradicionais que organiza Turismo de Galicia terá lugar o 3 de setembro en Santiago de Compostela e Verín non pode faltar. Desde o Concello mobilizáronse para buscar participantes que se queiran sumar a esta iniciativa que quere amosar a outros galegos, peregrinos ou turistas as figuras representativas dos entroidos galegos.

O que se busca son cigarróns, disfraces e capuchóns que desfilarán nesta actividade promocional, na que tamén colaboran as asociacións e institucións que representan ós entroidos declarados de interese turístico no territorio galego.

Os interesados dispoñen dunha inscrición aberta ata o 5 de agosto na Oficina de Turismo do Concello de Verín, no correo electrónico [email protected] ou no número 988 411 614.

O obxectivo deste desfile é o de promover e difundir os valores dunha das festas con maior arraigo en toda a comunidade, especialmente na comarca de Monterrei. Neste ano Xacobeo, no que aumentou a afluencia de turistas e peregrinos en Santiago, tamén axudará a dar máis visibilidade a esta festividade que é de suma importancia na economía dos concellos nos que é máis popular.

NOTICIAS VERÍN | O Desfile de Entroidos Tradicionais busca participantes da comarca