viernes. 19.04.2024
Obras en el Canal de San Lázaro. | FOTOS: Carlos Montero.
Os operarios pavimentaban esta sábado a canle de San Lázaro. | FOTOS: Carlos Montero.

O Concello de Verín está a traballar nas obras de canalización da canle de San Lázaro, situada no tramo urbano da estrada de Vences, á altura da Casa do Escudo. Devandita actuación, que conta cun investimento de 48.000 euros, está incluída no Plan Provincial de Cooperación das Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación de Ourense.

As actuacións consisten na canalización da Canle de San Lázaro mediante a colocación de tuberías  enterradas, que permitirán a circulación de caudal de auga intermitente ou estacional, e o posterior recheo do resto do foso, nun tramo equivalente a 70 metros de lonxitude.

Por outra banda, aumentaranse as beirarrúas da estrada de Vences, prolongándose en anchura sobre a zona enchida. Implementarase tamén unha nova zona de aparcamento e prepararase o terreo para executar futuras obras de urbanización.

Segundo explicou o alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, a intención do grupo de goberno é ampliar a estrada de Vences. "Para iso é necesario dotala de beirarrúas en ambas as marxes, carrís de circulación amplos e algunhas zonas de aparcamento. É necesario lembrar", continuou o rexedor municipal,  "que a canle deixou de ter uso ou aproveitamento real, unha vez concluída a vida útil dos muíños que estaban situados nas ribeiras do río Támega, ao seu paso por Verín".

NOTICIAS VERÍN | Desaparece a canle de San Lázaro