miércoles. 17.04.2024
Coa subvención concedida, unha segunda pista de pádel terá teito. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Coa subvención concedida, unha segunda pista de pádel terá teito. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Concello de Verín acometerá unha importante reforma nas tres pistas de pádel do polideportivo da Granxa. Así o confirmou o tenente de alcalde local, o nacionalista Diego Lourenzo, que logo de manter unha reunión co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, arrincou o compromiso do máximo responsable do ente provincial dunha subvención nominativa de 48.000 euros. 

Con eses cartos, o Concello de Verín dotará de teito unha das dúas canchas que aínda non o ten, e mudaralle o piso ás tres, ademais de outros pequeños arranxos que precise a instalación. 

É a primeira subvención nominativa que recibe o grupo de Goberno local da Deputación de Ourense nos últimos anos, logo daquela de 500.000 euros pola obra do auditorio que a Deputación se vira obrigada a entregar pola presión do Executivo local de Gerardo Seoane, unha vez que se constatara un incumprimento do convenio por parte do anterior rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán, cando licitou en conxunto a obra do auditorio e non deixou que fose a Deputación a que licitase a parte que tiña comprometida na instalación. 

Diego Lourenzo Moura, líder do BNG en Verín.
Diego Lourenzo Moura, líder do BNG en Verín.

Diego Lourenzo, o tenente de alcalde, agradeceu expresamente ao presidente da Deputación a concesión da subvención nominativa: "Creo que é de agradecer o xesto do presidente provincial e convídoo a que manteñamos esta liña de cooperación entre administracións no futuro, sobre todo nuns tempos que nos tocou vivir onde esa colaboración é tan necesaria para todos os nosos administrados", sinalou o voceiro municipal de Verín. 

NOTICIAS VERÍN | A Deputación concede 48.000 euros a Verín para a reforma das pistas de...